jueves, 20 de diciembre de 2012

miércoles, 5 de diciembre de 2012

A nosa experiencia na Fraga do Eume:





NO OBRADOIRO DE LINGUA CONSTRUÍMOS ENTRE TODOS E TODAS ESTE TEXTO SEGUINDO A TÉCNICA DA PEDRA NO ESTANQUE. NON É A VOSA 1ª OBRA, XA FIXEMOS CADEAS DE PALABRAS, CONTOS FANTÁSTICOS EN GRUPO- MESA, XOGOS DE NOMES,...
NORABOA E MOITO ÁNIMO 5ºB !



"Hai uns días todos nos fomos de excursión á Fraga do Eume.(Mari)Ao chegarem vimos un video das árbores e dos animais das fragas.(Jesús)Logo, cun monitor, observamos a riqueza do bosque.(Carolina).
            Non chegamos a ver bufos mais atopamos cogomelos( Daniel) e moitas plantas mentres explorabamos a natureza.(Marcos) Cruzamos a ponte e vimos o río que ía con moita forza polo canón( José Manuel e  Noelia).No Eume non hai moitos reos mais, ás veces, volta algún  grande. (A. Correa)Faláronnos das troitas que son reos que non foron ao mar.( Sofía)Estes peixes son semellantes, diferéncianse polos puntos do lombo.(Jeray)

            Ao remate, nos carteis informativos vimos as pegadas dos xabarils,dos esquíos, e doutros animais información sobre as aves ( Marta e Miguel)No cartel dos fungos falaba dos cogomelos velenosos e dos  comestibles.(Yashmina).No dos castiñeiros aprendemos a almacenaxe das castañas en corripas e o seu uso na antigüidade.( A. Cobelo)

            Desta viaxe temos moitas lembranzas: A parva de media mañá á beira do camiño estreito(J.R e Manuel), a grandeza do río(Anthony),  as pequenas fervenzas (Nuria),as pontes, (Ana) a fauna das fragas( Celtia), as árbores (José),...

            Foi impresionante, pasámolo xenial! (Roi)"

Para saber máis sobre Galileo...

miércoles, 21 de noviembre de 2012

POESÍA E MÚSICA NA CLASE, preparádevos!!!

Hai 100 anos naceu en Celanova CELSO EMILIO FERREIRO un gran poeta galego. Imos coñecer algunha das súas poesías, pero antes lendo e xogando con esta actividade coñeceremos un pouco da súa vida.


sábado, 17 de noviembre de 2012

AGASALLO!:
 Hai uns días vin que vos gostaba este crebacabezas,
 POIS... A XOGAR!


SEI QUE SODES CURIOS@S, E PENSO QUE VOS PODE  INTERESAR SABER  MOITO MÁIS SOBRE O NOSO PLANETA,  CON ESTA ACTIVIDADE O CONSEGUIREDES, CERTO?



jueves, 15 de noviembre de 2012

jueves, 8 de noviembre de 2012

ESTUDANDO UN NOVO ECOSISTEMA: O BOSQUE ATLÁNTICO COSTEIRO

Botádelle un ollo a esta reportaxe da TVG, achega datos fundamentais sobre as Fragas que nos poden axudar no traballo que estamos a desenvolver. Ánimo exploradores!

domingo, 28 de octubre de 2012

SAÍDA A SOPAZOS

O venres,ben cedo, aos primeiros raios do sol, fomos á marea para coller mostras para o noso ecosistema intermareal:

martes, 9 de octubre de 2012