viernes, 8 de febrero de 2013

Entroido 2013

ENTROIDO 2013 on PhotoPeach Seguide coa Festa e lembrade voltar xoves para xunt@s rematar o Entroido. Cheos de tristura, vestidos de LOITO e cantando o "Xa Morreu" queimaremos o Antroido.

domingo, 3 de febrero de 2013

OBRADOIRO DA LINGUA: A PAZ EN 5º B


Entre tod@s fixemos este poema: Os versos impares o tema da poesía, A Paz, nos pares as definicións de toda a clase.


PAZ



PAZ,
felicidade e amizade.

PAZ,
amor, comprensión e liberdade.

PAZ
que ensina idiomas distintos.

PAZ
loitando contra a violencia.

PAZ,
respecto e cariño.

PAZ,
pomba que voa polo ceo azul.

PAZ,
atópaa no teu interior e compártea.

PAZ
que non guerra.

PAZ
non violencia.

PAZ
no centro do universo.

PAZ,
conexión entre os pobos.

PAZ,
o escudo contra a guerra.

PAZ
para sorrir sen medo.

PAZ,
dálle a man ao amigo.

PAZ,
o sorriso do corazón.

PAZ
e harmonía interior.

PAZ
o soño feito realidade.

PAZ
un bico, unha aperta e un sorriso.

PAZ
é igualdade espallada polo mundo.

PAZ
bonita, amorosa e fabulosa,
PAZ.