NO OBRADOIRO DE LINGUA CONSTRUÍMOS ENTRE TODOS E TODAS ESTE TEXTO SEGUINDO A TÉCNICA DA PEDRA NO ESTANQUE. NON É A VOSA 1ª OBRA, XA FIXEMOS CADEAS DE PALABRAS, CONTOS FANTÁSTICOS EN GRUPO- MESA, XOGOS DE NOMES,...
NORABOA E MOITO ÁNIMO 5ºB !
"Hai uns días todos nos fomos de excursión á
Fraga do Eume.(Mari)Ao chegarem vimos un video das árbores e dos animais das
fragas.(Jesús)Logo, cun monitor, observamos a riqueza do bosque.(Carolina).
Non
chegamos a ver bufos mais atopamos cogomelos( Daniel) e moitas plantas mentres
explorabamos a natureza.(Marcos) Cruzamos a ponte e vimos o río que ía con
moita forza polo canón( José Manuel e
Noelia).No Eume non hai moitos reos mais, ás veces, volta algún grande. (A. Correa)Faláronnos das troitas que
son reos que non foron ao mar.( Sofía)Estes peixes son semellantes,
diferéncianse polos puntos do lombo.(Jeray)
Ao remate, nos carteis informativos
vimos as pegadas dos xabarils,dos esquíos, e doutros animais e información sobre as aves ( Marta e
Miguel)No cartel dos fungos falaba dos cogomelos velenosos e dos comestibles.(Yashmina).No dos castiñeiros
aprendemos a almacenaxe das castañas en corripas e o seu uso na antigüidade.(
A. Cobelo)
Desta viaxe temos moitas lembranzas:
A parva de media mañá á beira do camiño estreito(J.R e Manuel), a grandeza do
río(Anthony), as pequenas fervenzas
(Nuria),as pontes, (Ana) a fauna das fragas( Celtia), as árbores (José),...
Foi impresionante, pasámolo xenial!
(Roi)"
No hay comentarios:
Publicar un comentario